O soño do osiño rosa

Roberto Aliaga &  Helga Bansch

OQO Editora

O osiño choraba desconsolado porque tiña perdido o seu soño. A xirafa estirou o seu longo pescozo e buscou no ceo; o cabalo viaxeiro percorreu a terra e a ra mergullouse no fondo do rio… Mais nada do que lle trouxeron fixo que deixase de chorar… con qué soña un osiño rosa?

A xirafa tráelle unha bufanda, o cabalo unhas ferraduras e a ra unhas gafas de sol; sen decatarse ningún deles de que tiñan estado buscando os seus propios anceios, e non os do osiño. Só o moucho, animal sempre unido á sabedoría, cae na conta do erro cometido polos animais e é quen de atopar unha solución.

Dunha maneira sinxela e efectiva Roberto Aliaga preséntanos una historia que fala da necesidade de ser comprensivos e poñernos no punto de vista dos demais para ser más solidarios. Querer axudar a alguén pide máis que boas intencións e así llo deixará moi claro o moucho co simple aceno de preguntarlle ao oso cal era o seu soño.

Helga Bansch, gran coñecedora do mundo da infancia, crea uns personaxes entrañables, dunha gran dozura, que empatizaran desde o primeiro momento cos primeiros lectores. A ilustradora austríaca déixanos en cada imaxe algún detalle onde os máis pequenos poden recrearse e dar renda solta á súa imaxinación...

 

Diga sus palabras